Entregan en Ribadeo os premios do Concurso de Poesía Gauchesca e de Vídeo El Viejo Pancho

AMariñaXa
A edil ribadense destacou o marabilloso traballo feito polo alumnado do obradoiro de actividades socioculturais
entrega-Concurso-de-Poesía-Gauchesca
22 Xuño 2024

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, fixo entrega dos premios do Concurso de Poesía Gauchesca e de Vídeo El Viejo Pancho, que tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ribadeo. A edil ribadense destacou o marabilloso traballo feito polo alumnado do obradoiro de actividades socioculturais na elaboración da exposición 100 anos sen o  Viejo Pancho e en todos os obradoiros que levaron a cabo para que a rapazada desde infantil a 4°ESO coñecera ó noso poeta gaucho.

As gañadoras do Concurso de Poesía na que participou o alumnado de 1° e 2° da ESO foron Iciar Barcia Iglesias co poema Camino de estrellas; Daniela Fernández co poema De la noche a la mañana, de la vida a la muerte, en segundo lugar e Ángela Rodríguez Soto co poema El chancho “fiestero”

No Concurso de Vídeo participaron alumnas e alumnos de 3° da ESO. As gañadoras foron Carlota Peña Viar, Alejandra López Veiga, Daniela González, Claudia Armada, Violeta Loreda González

0.17319393157959