Entregan en Órrea os títulos de concentración parcelaria

AMariñaXa
O Concello de Riotorto convocou aos veciños afectados á entrega de títulos da Zona da Concentración Parcelaria da zona de Órrea-Galagos.
Casa Concello Riotorto
20 Mar 2021

O Concello de Riotorto convocou aos veciños afectados á entrega de títulos da Zona da Concentración Parcelaria da zona de Órrea-Galagos, que rematou recentemente.

O acto terá lugar os días 22 e 23 de marzo na escola e Órrea. Debido á situación sanitaria a entrega será por quendas comezando ás 10.00 horas da mañá pola letra A e B como inicial do primeiro apelido. Na primeira xornada entregaranse ata finalizar a F.

Os veciños afectados deberán acudir co seu DNI, ao mesmo tempo que aqueles que queiran recoller os títulos en nome de persoas falecidas, que deberán adxuntar a documentación correspondente á sucesión. Así mesmo, as persoas que non poidan acudir e envíen un autorizado, este deberá vir coa conseguinte autorización e o DNI do propietario.

concentacion parcelaria riotorto
0.23154997825623