Entregan en Lugo os premios do certame de debuxo da Tradescola

Foz
LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
Ao concurso, que conta coa colaboración da Deputación, presentáronse máis 250 debuxos realizados por nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro de primaria
premios_tradescola
28 Xuño 2024

A deputada de Cultura Iria Castro entregou os premios ás nenas e nenos finalistas do XI Certame de Debuxo sobre baile e instrumentos de música tradicional, oganizado pola Tradescola coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Á convocatoria, que procura que potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, e axudar a que coñezan os instrumentos e o baile tradicional, presentáronse máis  250 debuxos realizados por nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro de primaria de centros de toda a provincia.

Os finalistas son Lucía González Manova de 2º do CEIP Illa Verde (Lugo), Gonzalo José Rodríguez Vázquez do 3º CEIP A Pontenova,  Álida Reynoso Lobato de 3º do CEIP Menendez Pelayo (Lugo), Noa López Blanco de 3º do CEIP Rosalía de Castro (Lugo), Icía Castro Valcarcel de 2ª do CEIP A Ponte (Lugo),  Andrea Regueiro Rey do 3º CEIP Menendez Pelayo (Lugo), Martina Turrión Peinado do 1º CEIP O Cantel (Foz), Joaquín Avila Fiero de 2º do CEIP Rosalía de Castro (Mosteiro – Pol), Gonzalo Porto Ingerto de 3º do CEIP Plurilingüe O Corgo e Alba Otero Fidalgo de 2º do CEIP Menendez Pelayo (Lugo).

A gañadora foi Álida Reynoso Lobato do CEIP Menendez Pelayo de Lugo que, entre outros agasallos, desfrutará cos seus compañeiros dun concerto didáctico de música tradicional da Tradescola no seu centro educativo no vindeiro curso. O certame de debuxo é parte das actividades que a escola de música tradicional da  Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desenvolve ao longo do ano no eido da formación e da divulgación da música tradicional. Ademais, imparte aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ás que este curso asistiron máis de 300 alumnas e alumnos.

0.077423095703125