Entregan colectores de reciclaxe nos centros educativos de Cervo
O Concello de Cervo, malia a situación excepcional que vivimos, quere seguir promovendo accións que redunden no coidado e na protección do Medio Ambiente, tal e como se viña facendo o útlimos anos concidindo coa celebración o martes, 26 de xaneiro, do Día Mundial da Educación Ambiental.
Nesta ocasión, a pandemia impediu poder compartir ese día cos escolares e os docentes dos centros educativos do municipio; pero realizaron outra actividad. Así, os efectivos do GES achégaronse ata o Ceip de Cervo, o Ceip Península da Paz e o IES Marqués de Sargadelos para entregarlles varios colectores de reciclaxe azuis (papel e cartón) e amarelos (envases de plástico, latas e bricks) a fin de botar unha man no obxectivo de fomentar a recollida selectiva de residuos e a súa reciclaxe.
"Trátase de concibir a naturaleza non como fonte inesgotable de recursos, senón como un ecosistema fráxil que ten as súas propias esixencias que hai que respectar, tamén polo noso propio interese e supervivencia", din dende o Concello.