Entregan cinco bandeiras azuis ao Concello de Burela

AMariñaXa
Estes recoñecementos poñen en valor a costa, o patrimonio natural e a imaxe turística da Mariña como destino sustentable e de calidade
Entrega-Bandeiras-Azuis-a-Burela
26 Xuño 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, fixo entrega á alcaldesa de Burela, Carmela López das cinco bandeiras azuis concedidas este ano a esta vila mariñá. En concreto, o Concello de Burela acadou este recoñecemento para as praias de A Marosa e O Portelo, o barco museo Reina del Carmen, o centro de educación ambiental Gaia e a ruta do litoral burelés.

Arias sinalou que estes recoñecementos poñen en valor a costa, o patrimonio natural e a imaxe turística da Mariña como destino sustentable e de calidade. A provincia de Lugo obtivo 22 insignias azuis en 13 praias, 6 sendeiros, 2 centros e un porto deportivo.

0.20418381690979