Entregan as medallas aos gañadores das Noites de fútbol praia de Cervo

AMariñaXa
Como parte do programa Enredando no verán, a Praza dos Campos foi escenario das Noites de fútbol praia 3x3
enredando-no-verán-fútbol-praia-cervo
3 Ago 2024

Como parte do programa Enredando no verán, a Praia do Torno foi escenario das clases de kaiak. Ademais, tamén desfrutamos das Noites de fútbol praia 3x3 na Praza dos Campos, actividade á que lle seguirá as competición de basket. En fútbol organizaron 5 categorías e finalmente Fari Play Team, Los Toros Negros e Los del barrio foros os primeiros clasificados en Sub 10; Fair Play, Madrileños e Delincuentes, en Sub 12 e Reversos, SD Plebeyos e SD Flautistas, en Sub 15. Pola súa parte, Mestro de la Forte, SD Cici e Castrón FC foron os gañadores en Sub 17 e Joga Bonito, Pretus Fixi e Slotears, en categoría sénior. A todos eles entregáronselle as súas medallas.

0.16426205635071