Entregan árbores autóctonas e froiteiras en Cervo
A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, entregou esta tarde as árbores froiteiras e autóctonas aos veciños e veciñas que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando dende fai máis dun lustro.
Méndez subliñou que con iniciativas coma esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.
O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou- “un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores”, que nesta ocasión foron especies moi variadas: maceiras, pereiras, cerdeiras, castiñeiros, nogueiras, laranxeiras, figueiras, carballos, aguacateiros…
O número de exemplares entregados, que vai en aumento ano tras ano, foi nesta ocasión de 161 árbores solicitados por unha vintena de veciños.