Entregados os premios dos certames de amor e Rosalía de Cervo
O concello de Cervo vén de entregar os premios aos gañadores do Certame de amor na rede, polo día dos namorados, e Versos de Rosalía, en conmemoración do Día de Rosalía de Castro.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, foi a encargada de entregar estes premios, que incluían vales para gastar no comercio local, vales para intercambiar por ceas en locais hostaleiros do municipio ou produtos artesáns dos establecementos da vila, entre outros.
En total foron 28 os traballos presentados entre dos dous concursos.
No Certame de amor na rede os gañadores foron, na categoría de menor de 18 anos, para Helena (á mellor foto), Xoel Boullosa e Martín Boullosa (ao mellor vídeo) e Martín (ao traballo máis orixinal).
Entre os maiores de 18 anos destacouse a usuarios da Unidade Residencial de Cervo (ao mellor vídeo), Xolo (á mellor foto), Pilar Rivera (á mellor carta) e CPRL Burela (ao traballo máis orixinal).
No concurso Día de Rosalía, en categoría xuvenil venceron Samuel Riera Basanta seguido de Xoel Boullosa Novoa, Nuria Iglesias López e Jesús López Franco.
En categoría Sénior o vencedor foi José Ángel Leiras García seguido de Antonio Pérez Fra, Begoña López Silva e CPRL Burela e os premios especiais para o Centro de Día – Residencia e Unidade Residencial de Cervo.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, quixo agradecer a gran participación que tiveron estes dous formatos de concursos na rede e felicitou a todos os participantes polos seus magníficos traballos.