Entregados os premios do concurso de tapas Burela, un Mar de Tapas

AMariñaXa
O concurso de tapas Burela, un Mar de Tapas celebrouse con éxito coa participación de 12 locais hostaleiros de Burela
Burela mar de tapas premios 2023
1 May 2023

O concurso de tapas Burela, un Mar de Tapas celebrouse con éxito coa participación de 12 locais  hostaleiros de Burela, que concursaban cada un deles con 2 tapas especiais.

Para optar ao premio destes 600 euros en metálico os clientes debían selar a súa  tarxeta de partiicpación nos 12 locais, valorando ademais polo menos unha das  tapas de cada establecemento.

Pola súa parte, unha vez feito o reconto de votos tamén se elixiron as 3 mellores  tapas de Burela. O Restaurante A Lonxa foi o grande vencedor deste certame,  logrando os dous primeiros premios coas súas tapas: “Brocheta de mar con crema  de marisco” e “Salpicón de rape e marisco”, respectivamente. O terceiro premio foi  para “Carrilleras de Ternera Gallega con cremoso de pataca e trufa” do restaurante  Contraste.

Burela mar de tapas premios 2023
0.18174505233765