Entregados os premios do concurso de Caretas de Entroido de Xove
A entrega de premios do Entroido de Xove, que se desenvolveu no Coleixo Pedro Caselles Rollán, contou coa presencia do alcalde Demetrio Salgueiro e da concelleira de cultura Dolores Meitín.
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de Caretas. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e rapaces de Xove, en especial aos alumnos do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, tiveron cinco categorías: Preescolar (nenos de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO.
En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistiron en material escolar.
Cada concursante puido presentar un ou máis traballos a este Concurso. Lóxicamente, dende o Concello o que se pretendeu con este Concurso foi potenciar a participación e creatividade dos nosos rapaces.
Os premiados nesta edición 2019, foron na Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos) David Burgos Peloche, Hugo Pita Rodríguez e Eva Cancela Trastoy.
Na categoría 1º e 2º de Primaria foron Aroa Pita Rodríguez, Paula Sánchez Pernas e Daniela Casabella Ávarez. En 3º e 4º de Primaria gañaron Uxía Gradaille Durán, Nabila Adourou e Christian Villarquide Latas. Na categoría 5º e 6º de Primaria os gañadores foron Enma Buján Rouco, Alicia Fernández Vicente e Cora Buján Rouco. Por último, de 1º a 4 º de ESO gañaron Iker Costa González, Soukaina Adourou e Emilia Barro Álvarez.
Ademais todos os traballos, premiados e non premiados, estiveron expostos durante un mes na Biblioteca Municipal de Xove.