Entregados os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 de Viveiro da categoría B
AMariñaXa
Entregados os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 de Viveiro da categoría B
12 Xuño 2023
O Concello de Viveiro entregou os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 na súa categoría B (de 9 a 11 anos).
Os mellores debuxos foron os de Blanca Ínsua Prieto, Irene Lago-Orcazberro López e Carlota Oroza Díaz. Respecto ás narracións, as mellores foron as de Carlota Oroza Díaz, Inés Mariño Gómez e Diego Ávalos Gato. Os nenos e nenas estudan no Colexio Lois Tobío de Viveiro.
“Dende o Concello de Viveiro agradecemos a boa acollida do certame, traslando os nosos parabéns a todos os participantes; tamén agradecemos a colaboración dos centros educativos nestas iniciativas”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura en funcións.