Entregados os premios do Campionato de Tute do centro social de Monte, en Xove

AMariñaXa
O centro social de Monte organizou, coa colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Xove, un Campionato de Tute.
TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS campionato tute xove
9 Mar 2023

O centro social de Monte organizou, coa colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Xove, un Campionato de Tute. Este evento, que o centro social leva organizando dende hai bastantes anos durante os meses de inverno dende novembro a febreiro, rematou, e tralo campionato chegou o tempo dos premios.

Nesta entrega estiveron presentes o alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de cultura, Dolores Meitín.

O cadro gañador foi Xuso e Abelardo de primeiro, Enrique e Alier de segundos, e Lorena e José Aparicio de terceiros Ademais, as únicas 4 participantes recibiron unha planta.

0.15006995201111