Entregados os premios do 1º Concurso de Tiktok pola Igualdade de Xove

AMariñaXa
O Concello de Xove fixo entrega dos premios do 1º Concurso de Tiktok pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
xove TIKTOK POLA IGUALDADE
28 Nov 2021

O Concello de Xove fixo entrega dos premios do 1º Concurso de Tiktok pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero. A entrega de premio estivo a cargo das concelleiras de Xuventude Ana Abad e Cristina Iglesias, que entregaron dos respectivos premios do concurso e agradeceron a súa colaboración neste programa onde a mocidade é protagonista na loita pola igualdade e contra a violencia de xénero que o Concello de Xove está a promover a través do Plan Municipal Integral para erradicar está lacra social.

Tamén estaban presentes, para o seu recoñecemento, os rapaces e rapazas que elaboraron o Calendario 2022 pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero e deste xeito poden ver materializado o seu traballo que nos acompañara durante os meses do vindeiro 2022.

xove TIKTOK POLA IGUALDADE
0.15340900421143