Escollidos os gañadores da quinta edición da Ruta das Tapas de Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
A veciñanza de Riotorto desfrutou un ano máis da súa tradicional ruta das tapas que se celebrou os días 2 e 3 de decembro.
1 V ruta tapas riotorto 2022
7 Dec 2022

A veciñanza de Riotorto desfrutou un ano máis da súa tradicional ruta das tapas que se celebrou os días 2 e 3 de decembro.

Esta quinta edición da Ruta das Tapas de Riotorto contou cun total de cinco establecementos hostaleiros participantes  que ofreceron as súas propostas aos veciños.

Os negocios hostaleiros participantes foron Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma e o Mesón O de Sempre. O prezo de cada tapa, que se servirán en horario de 20.00 a 00.00, é de 2 euros.

Entre as persoas participantes sorteáronse ata cinco premios: o primeiro de 200 euros, correspondeu a Lola Martínez, de Meira; o segundo de 100 euros, foi para Paco Hernández, de Riotorot; o terceiro será un vale de 50 euros de queixos Don Hilario que lle corresponde a Roque, tamén de Riotorto; o cuarto da mesma cantidade por produtos cárnicos O Mazo foi para Óscar de Bretoña, e o quinto tamén de 50 euros para gastar na Panadería Cartiere, correspondeu a Patricia Leivas, outra veciña de Riotorto.

V ruta tapas riotorto 2022
0.16276597976685