Entregados os premios aos gañadores do concurso de escaparates de Acia Foz CCA
Entregados os premios aos gañadores do concurso de escaparates, organizado por Acia Foz CCA o pasado Nadal.
O alcalde, Fran Cajoto, e o presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, foron os encargados de entregarlle o primeiro premio Lucía Pérez, de Hedra.
No segundo premio houbo empate entre Electricidad Núñez e Ofifoz. A concelleira de Comercio Katherina Navarro, o vicepresidente e a secretaria de Acia Foz CCA, José Ginzo e Olaya Pedrosa foron as encargadas de entregar os agasallos a Celia Núñez e Ana Blanco e Reyes González.
Tamén houbo empate no terceiro premio entre Centro Dietético y Nutrición Alba Vila e Antigüedades Álvarez. O agasallo a Alba Vila e Olalla Rodríguez foi entregado por Purificación García e Ramón Castro, vogais de Acia Foz CCA. E Eva Álvarez recibiu o agasallo de mans do presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, e do rexedor focense, Fran Cajoto.
Desde AciaFozCCA houbo unha mención especial “a dous dos nosos asociados: Augas Santas e Finca Goleta, que obtiveron a distinción Sicted (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino)”. O alcalde foi o encargado de entregarlle un detalle de recoñecemento a Mariela Iriarte e o presidente de AciaFoz fixo o propio con José Manuel Villapol.
A asociación focense tamén felicitou ao Equipo Mapfre Foz, pola súa obtención do Top 4. Fran Cajoto entregoulle o detalle á delegación desta firma. E José Ginzo fíxolle entrega doutro detalle a Cati Ramos, de Chuvia, que en decembro obtivo o premio O mellor comercio da túa vila.
Desde Acia Foz CCA felicitan “ao comercio local pola súa implicación e polo seu traballo para estar á vangarda” e anímanos “a seguir por este camiño para que a clientela siga a facer pobo apostando polos negocios locais”.
Acia Foz CCA contou coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización das súas campañas de Nadal.