Entregados os diplomas do curso de informática de adultos de Xove

AMariñaXa
Foron entregados os diplomas aos participantes no curso de informática de adultos, que se levou a cabo no Centro Xuvenil de Xove
ENTREGA DE DIPLOMAS CURSO INFORMATICA XOve 2024
ENTREGA DE DIPLOMAS CURSO INFORMATICA XOve 2024
27 Xan 2024

A concelleira de Servizos Sociais de Xove, María Tamara Soto López, procedeu a entrega de diplomas do curso de informática de adultos, que se levou a cabo no Centro Xuvenil dende o 7 de novembro do 2023 ata o 25 de xaneiro do 2024 para persoas de idades comprendidas entre 40 e 80 anos.

Neste curso, impartíronse nocións sobre o sistema operativo básico, Openoficce Write e Cal, internet, Google Maps, integración ordenador móbil e servizos na nube e sobre correo electrónico e seguridade informática.

0.12854981422424