Entregados en Viveiro os premios do certame de Nadal da biblioteca
O Concello de Viveiro entregou onte os premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2023. A Biblioteca Municipal de Viveiro sumouse así un ano máis a este certame, convocado pola biblioteca Nodal de Lugo.
O gañador na categoría A, de ata 8 anos, foi Aleixo Mariño Gómez. As gañadoras na categoría B, de 9 a 11 anos, foron Mara López Fernández, Anne López Ferraz e Inés Mariño Gómez. Tras esta fase local, os premiados e premiadas participarán a continuación no certame a nivel provincial organizado pola Biblioteca Municipal de Lugo.
“Agradecemos o interese da rapazada que participou neste certame, cuxa ilusión mantén vivo este premio literario. Por iso, animamos á mocidade de Viveiro a seguir escribindo e formando parte da cultura da nosa vila”, sinalou a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quen entregou os premios este sábado.