Entregadas as bandeiras azuis aos alcaldes de Foz e Ribadeo

Foz
AMariñaXa
Foz ten cinco distintivos e Ribadeo tres
bandeiras-azuis-ribadeo-e-foz
Recollida das bandeiras
29 Xuño 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entregou hoxe aos alcaldes de Foz e Ribadeo, Francisco Cajoto e Daniel Vega, as bandeiras azuis concedidas este ano ás praias dos seus respectivos concellos.

En Foz lograron o distintivo que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) os areais da Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás. En Ribadeo, Arias participou no izado da bandeira nas Catedrais, que foi recoñecida xunto co areal dos Castros–Illas e co porto deportivo.

Arias subliñou a repercusión positiva que ten para as praias lucir este distintivo “que achega aos usuarios garantías de calidade e que serve de estímulo para seguir mellorando a costa e apostando por un turismo coidadoso co entorno”.

0.19527506828308