Entregadas as axudas aos centros escolares do municipio cervense

AMariñaXa
Cervo dispón dunha partida de 12.000 euros para as axudas ao transporte escolar para os que cursan estudios fóra do termo municipal
2024 axudas centros escolares cervo
25 Xan 2024

A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Educación, Pilar Armada, mantiveron un encontro cos directores dos tres centros escolares do municipio -Ceip de Cervo, Ceip Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos- para facerlles entrega dos cheques coas axudas que o Concello de Cervo reserva cada ano no seu orzamento para a comunidade educativa.

A alcaldesa precisou que son unha liña de axudas que veñen complementar o apoio continuo que se presta desde o Concello durante todo o ano, para contribuír cos seus gastos de funcionamento. Esta aportación pretende ser unha axuda -engadiu- para o desenvolvemento das múltiples actividades que programan durante o curso que favorecen o progreso educativo do alumnado.

Estas axudas forman parte dunha partida orzamentaria de 7.500 euros que o Concello dirixe á comunidade educativa do municipio –neste caso aos centros e ás Anpas-, que se suman a outras en marcha neste eido como as axudas para transporte e a adquisición de libros e material escolar.

0.11030197143555