Entregadas as axudas aos centros escolares de Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo fixo entrega das axudas aos centros escolares do municipio. Forman parte da partida orzamentaria de 7500 euros
31 Jan 2023

O rexedor Alfonso Villares e a edil de Educación, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro cos directores dos tres centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos- para facerlles entrega dos cheques coas axudas que o Concello de Cervo reserva cada ano no seu orzamento para a comunidade educativa.

Tal e como sinalou Villares, con estas axudas que complementan o apoio que prestamos durante todo o curso escolar,  pretendemos brindar un aporte económico aos centros para contribuír nos seus gastos de funcionamento. Esta aportación pretende ser unha axuda -engadiu- para o desenvolvemento das múltiples actividades que programan durante o ano que favorecen o progreso educativo do alumnado.

Villares tamén recorda que “estas axudas forman parte dunha partida orzamentaria de 7.500 euros que o Concello dirixe á comunidade educativa do municipio –neste caso aos centros e ás ANPAS-, que se suman a outras en marcha neste eido como as axudas para transporte e a adquisición de libros e material escolar”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17369294166565