Entregadas as axudas ao transporte, adquisición de libros e material escolar en Cervo

AMariñaXa
O rexedor Alfonso Villares e a edil de Educación, Dolores García Caramés, entregaron as axudas en beneficio das familias e da educación.
29 Dec 2022

O rexedor Alfonso Villares e a edil de Educación, Dolores García Caramés, entregaron as axudas en beneficio das familias e da educación.

Con respecto á axuda ao transporte do alumnado que cursa estudos fóra do termo municipal, nesta ocasión foron 31 os estudantes que recibiron un cheque valorado en 150 ou 250 euros, en función da renda familiar.

A axuda está destinada aos alumnos que cursen calquera das seguintes titulacións fora do municipio: ensinanzas universitarias, Bacharelato (nalgunha das modalidades que non se imparten no Concello de Cervo), ciclos medios e superiores, como son FP, e os estudos musicais en conservatorios e escolas de música.

No día de hoxe tamén se fixo entrega da axuda destinada ao alumnado de educación infantil –matriculados/as no segundo ciclo- para a adquisición de libros e material escolar. Nesta ocasión foron as familias dos estudantes recibiron un cheque valorado entre 100 e 130 euros, tendo tamén en conta a renda familiar.

O obxecto de ambas axudas é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e apoiar económicamente a aquelas familias con maior dificultade para afrontar os gastos de desprazamento dos/as estudantes fora do termo municipal a través dunha subvención financiada ao 100% con fondos municipais.

0.16218280792236