Entrega de libros nos centros educativos de Ribadeo

AMariñaXa
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Ribadeo fixeron entrega este xoves de lotes de libros en galego nos centros educativos.
Grupo Municipal entrega libros colexios Ribadeo
26 Feb 2021

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Ribadeo fixeron entrega este xoves de lotes de libros en galego de diversas temáticas nos distintos centros educativos ribadenses adaptados a cada etapa educativa con motivo do Día da Lingua Materna que se conmemora o 21 de febreiro e do Día de Rosalía, conmemorado este mércores, 24 de febreiro, coincidindo co 184 aniversario do nacemento da escritora máis coñecida en galego.

A concelleira popular responsable da área de Cultura, Begoña Sanjurjo, sinala que “dende o Grupo Municipal Popular non quixemos deixar pasar esta oportunidade para agasallar libros cos que pretendemos contribuír a que a nosa lingua se manteña e que os nosos nenos e rapaces descubran máis sobre a nosa cultura”.

Os libros abordan diversas temáticas sociais e culturais como son a igualdade, o respecto ao diferente, a música ou o Camiño de Santiago e o seu reparto estendeuse a tódolos niveis educativos: dende a Escola Infantil, aos centros de primaria, secundaria e FP como son o CIFP Porta da Auga, a Escola de Pedro Murias ata a Escola de Idiomas ou a Escola de Música e Danza.

Os populares tamén fixeron entrega de unidades didácticas nos centros de educación secundaria de cara ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

0.088148832321167