Entrega das equipacións de adestramento e competición ao club de remo Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A cooperación do grupo municipal do PP con entidades deportivas de Ribadeo frutifica en melloras para os equipos.
Captura de pantalla 2019 07 22 a las 10.28.03
21 sep 2020

A cooperación do grupo municipal do PP con entidades deportivas de Ribadeo frutifica en melloras para os equipos. O coordinador de deportes do PP de Ribadeo, Tito Suárez, así o sinalou na tarde de onte. Foi no acto de  “entrega das equipacións de adestramento e competición ao club de remo Ribadeo; un investimento que logramos acadar despois de facer xestións coa Xunta de Galicia”.

Suárez tamén explicou: “Aproveitamos este encontro para acordar abrir novas liñas de colaboración con este club, como estamos a facer co resto das entidades deportivas coas que tivemos contacto”. Deste xeito, o popular confirma novas xestións ante a Xunta de Galicia que beneficia o remo de Ribadeo.

Anuncia que “dende o grupo municipal seguimos investindo en Ribadeo e nas necesidades dos seus deportistas”.

0.18995404243469