Entidades deportivas da provincia reciben unha axuda a través de convenios coa Xunta

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes tamén formalizou acordos de cooperación en materia de seguridade e emerxencias cos concellos de Monforte de Lemos e Barreiros
escolas-deportivas-rabade
14 Oct 2024

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) os convenios que asinou no último cuadrimestre deste ano con seis entidades e dous concellos da provincia de Lugo, que suman 55.200 euros de investimento para colaborar en materia de deportes e seguridade.

Por unha banda, a Xunta formalizou acordos de cooperación coas Agrupacións Deportivas Escolares da Montaña, A Mariña, Terra Chá, Lucus, Río Cabe e Sur Lugo co fin de fomentar o exercicio físico entre os nenos e nenas.

Esta acción enmárcase no apoio da Xunta ás asociacións deportivas, federacións e clubs a través do programa Xogade (Xogos galegos deportivos en idade escolar), co obxectivo de promover a práctica da actividade física e deportiva e a apropiada utilización do lecer entre os rapaces e rapazas dende que son pequenos.

No que respecta ás administracións locais, a Consellería destina 20.000 euros a colaborar co Concello de Barreiros na adquisición dunha moto acuática para as actuacións desenvolvidas por Protección Civil no ámbito da atencións ás emerxencias.

Así mesmo, adícanse 8.000 euros a un acordo co Concello de Monforte de Lemos para a contratación de auxiliares de Policía Local que prestaron os seus servizos durante a tempada de verán.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15565419197083