En novembro seguen as visitas guiadas polo Concello de Alfoz
AMariñaXa
O sábado 20 de novembro, ás 16.00 horas levarase a cabo unha nova visita guiada de arte e historia para coñecer Alfoz.
10 Nov 2021
O sábado 20 de novembro, ás 16.00 horas levarase a cabo unha nova visita guiada de arte e historia para dar a coñecer os numerosos recursos do Concello de Alfoz.
Nesta ocasión será a Igrexa de Santa María de Bacoi e a Capela do Santiago de Lagoa, de man da catedrática de Historia da Arte da USC Dolores Barral.
Para participar en calquera destas visitas guiadas é necesario inscribirse previamente, para máis información teléfono 982 558 001 (ext. 2) e web municipal.