En Mondoñedo quentan motores para a XXXIV Concentración Mototurista
O Motoclub Ruta N-634 de Mondoñedo anuncia a XXXIV edición da concentración Mototurista de Mondoñedo, que terá lugar os días 22 e 23 de mazo de 2025. "Contamos ter máis ou menos entre 300 e 400 persoas inscritas, xa que vén xente de toda España ao que chamamos a Invernal de Galicia", afirma Miguel Arias, presidente do Motoclub.
Explica que a inscrición á concentración inclúe diferentes aspectos: "Leva un pincho de benvida de empanada de Mondoñedo, unha caña de cerveza, un pin e unha camiseta conmemorativa e unha bolsa na que incluímos trípticos de Mondoñedo". Tamén vén incluída a cea do sábado noite amenizada pola xa contratada Orquestra Fuego. De igual forma, o almorzo do domingo "con madalena de Mondoñedo" e a comida desa xornada.
"Temos tamén Dj durante o día, unha ruta con pinchos o domingo e sesión vermú, baixo carpa e con toro mecánico", sinala Miguel e engade que ata contan con acampada no Pavillón polideportivo con todas as facilidades.
A inscrición abrirase en xaneiro, pero dende a organización decidiron anuncialo porque xa hai varios eventos relacionados co motor na axenda: "Preferimos ir con tempo, xa que en Mondoñedo non hai moitísima dispoñibilidade de hoteis e así poden planificar". O cartel deste ano vai centrado e dedicado ás mulleres "amantes do mundo do motor".