En marcha un novo plan de dixitalización co obxectivo de axudar ás pemes e autónomos de Burela

AMariñaXa
A Deputación, en colaboración co Concello de Burela, pon en marcha un novo plan de dixitalización co obxectivo de axudar ás pemes e autónomas
charla pyme tecnoloxia estudo
1 Feb 2023

A Deputación, en colaboración co Concello de Burela, pon en marcha un novo plan de dixitalización co obxectivo de axudar ás pemes e ás persoas autónomas a integrar nas súas empresas solucións dixitais que melloren o seu rendemento.

Para levalo a cabo, conformouse unha Rede de Oficinas Acelera Peme para contornas rurais, que acollerá todo tipo de actividades económicas.

As Pemes e persoas autónomas participantes contarán con asesoramento individualizado e personalizado en materia de transformación e capacitación dixital por parte dunha rede de axentes dixitalizadores que visitarán as empresas.

Deste xeito, buscaranse as solucións máis axeitadas a cada caso en particular, axudando a optimizar os procesos, a xestionar e relacionarse coa clientela e a outros trámites importantes, como por exemplo, a solicitude do certificado dixital. O asesoramento e acompañamento será a longo prazo.

Este servizo está xa operativo. As persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do número de teléfono 629 60 40 87 ou no correo silvia.martinez@deputacionlugo.org

transformacion pyme burela charla
0.15868711471558