En marcha o programa Actívate de Ribadeo, que ofrece actividades ás persoas maiores
A especialidade de Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras vai poñer en marcha o programa Actívate para ofrecer ao colectivo de persoas maiores o cal se levará a cabo dende febreiro ata agosto.
Impulsaranse varios talleres culturais que se impartirán nas distintas escolas parroquiais a través dos cales, as persoas asistentes terán a oportunidade de desfrutar de actividades como ximnasia, risoterapia, pintura, lectura, xogos de mesas, taller de modelado, taller de arxila, etc.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 676 892 819 ou nas escolas das parroquias nas que se irán colgando información sobre a temática e horario dos talleres que irán cambiando mensualmente