En marcha o Plan de mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro deu inicio á execución das actuacións incluídas no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas
viveiro plan de mellora caminos parcelas agricolas 1
17 Ago 2021

O Concello de Viveiro deu inicio á execución das actuacións incluídas no Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas (2021-2022), adxudicada por un importe de 45.980 euros.

As primeiras actuacións realízanse na pista de Borralleiros, parroquia de San Ciprián de Vieiro, e no camiño da Veiga, camiño do cárcere e pista da Pedrosa, na parroquia de Santa María de Galdo.

As obras consisten na mellora mediante o reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axustadas ás características do tráfico rodado que soportan, e no mantemento tanto do firme existente mediante o bacheo de determinadas zonas como de mantemento das marxes dos camiño mediante a limpeza de cunetas.

Unha vez rematadas estas tarefas, o concello emprenderá outras actuacións en camiños municipais, atendendo ás necesidades e demandas veciñais.

viveiro plan de mellora caminos parcelas agricolas
0.20612597465515