En marcha o Cervo Concilia de Semana Santa

AMariñaXa
O Concello de Cervo ten en marcha unha nova edición de Cervo Concilia de Semana Santa, un programa pensado para contribuír á conciliación
semana santa ovo coello
25 Mar 2023

O Concello de Cervo ten en marcha unha nova edición de Cervo Concilia de Semana Santa, un programa pensado para contribuír á conciliación das familias durante as vacacións escolares.

Esta actividade indicada para nenos de entre 3 e 12 anos e permite aos pais conciliar a súa vida laboral.

Levarase a cabo do 3 ao 5 de abril en horario de 8.30 a 14.30 horas. E para participar será necesario inscribirse. As inscricións formalizaranse na casa da cultura ou no Concello de Cervo ata o 30 de marzo.

Semana Santa cervo concilia 2023
0.18340611457825