En marcha as credenciais e os selos do Camiño do Mar de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro coordina coas asociacións de comerciantes a posta en marcha das credenciais e os selos do Camiño do Mar
1 credencial peregrino viveiro
17 Dec 2021

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e o presidente da Asociación Amigos do Camiño do Mar, Manuel Vicente González, mantiveron unha reunión con representantes da Asociación Centro Comercial Histórico e a Asociación Beiras para presentarlles as credenciais e os selos do Camiño do Mar.

A Oficina de Turismo de Viveiro conta xa coas credenciais e o obxectivo é que cada unha das asociacións dispoña dun ou dous puntos nos que os peregrinos poidan selar a credencial.

“O Camiño do Mar é unha oportunidade para Viveiro e o seu sector servizos, polo que queremos coordinar diferentes iniciativas para impulsar a ruta con colectivos como as asociacións de comerciantes”, explica Maria Loureiro.

O Concello de Viveiro mantén de forma periódica reunións coa Asociación do Camiño do Mar, co obxectivo de seguir traballando na visibilización da ruta. 

A Igrexa recoñeceu o pasado verán o Camiño do Mar pola costa, polo que xa da a Compostela aos peregrinos que realizan esta ruta de peregrinaxe. 

“Este recoñecemento por parte da Igrexa é un primeiro paso moi importante, polo que entendemos que agora a Xunta debe axilizar a súa tramitación para oficializar por fin o Camiño do Mar”, engade a alcaldesa de Viveiro. 

credencial peregrino viveiro
0.15635991096497