En marcha a nova web de turismo da Pontenova

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Jul 2020

O Concello de A Pontenova , dando un paso máis na aposta pola dinamización e consolidación do turismo nesta localidade, acaba de publicar un novo portal web www.turismoapontenova.es co que quere achegar todas as propostas que ofrece o municipio ao turista, tanto nacional como estranxeiro, con contidos en galego, español e inglés. Este proxecto conta cun orzamento de preto de 22.000 euros do Plan Único da Deputación de Lugo.

Tal e como comenta o  alcalde, Darío Campos,  co lanzamento  desta web  dende o concello búscase posicionar a nosa localidade como un destino turístico cultural (dando a coñecer a historia do que, durante moitos anos, foi o maior complexo mineiro industrial da provincia de Lugo,  a cultura da pesca no río Eo a través da “Festa da Troita” - declarada de interés turístico - e da Aula de Interpretación da Pesca de Salmónidos, etc...), así   como un destino turístico de deporte e ocio (a través de actividades como: a pesca de salmónidos, o cicloturismo pedaleando pola Vía Verde do Eo, o sendeirismo percorrendo calquera das nosas variadas rutas, etc...) .  Todo isto sen deixar de lado o seu posicionamiento como un  destino medioambiental (pola riqueza do seu patrimonio natural: a biodiversidade que existe nas ribeiras do río Eo, nas Fragas de As Reigadas, Teixido, Muradal, etc...).

Para proporcionar unha información de calidade e adaptada as súas preferencias persoais, o visitante ten a posibilidade de contactar a través desta web coa Oficina de Información Turística de A Pontenova, dende onde poderán realizarlle unha proposta totalmente personalizada para así aproveitar e gozar ao máximo da súa estancia nesta zona.

A páxina é o resultado dun traballo en conxunto levado a cabo por Verónica Ramallal,  Pekecha (que se encargou do desenvolvemento e maquetación da web), por Eva Veiga (encargada do deseño  gráfico) e  por Carlos Pardo, responsable da O.I.T. de A Pontenova (que se encargou dos textos, mapas e descargables). No proxecto tamén colaboraron  Rosa Christie e Neil (encargados da traducción dos textos ó inglés).

Paralelamente poñeranse en marcha os perfís oficiais de: Facebook e Instagram.

0.16121792793274