Emotiva recepción a Adrián Ben en Viveiro
O Concello de Viveiro foi o escenario dunha emotiva recepción a Adrián Ben, sen dúbida o protagonista de verán no municipio polos seus éxitos deportivos nos Xogos Olímpicos de Tokio.
Coa presenza da súa familia e de numerosos veciños e veciñas que querían saúdar a Adrián Ben, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, lembrou o acontecido no concello nos primeiros días de agosto.
“Sinceiramente, o único aspecto negativo que lle vexo ao que conseguiches en Tokio nos Xogos Olimpicos foi que nun puideras estar á vez aquí, polas rúas de Viveiro, polos seus fogares, nas parques ou nas cafeterías; só se falou dunha cousa en Viveiro durante eses inolvidables días de agosto… só se falou dunha persoa, de Adrián Ben”, manifestou.
“E ademais, Adrián, debo decirche que non foron os teus grandes éxitos deportivos do que máis se falou, se non de como sempre falas con orgullo de Viveiro, das túas orixes, do lugar do que saíches cando aínda eras máis novo que agora para cumprir os teus sonos”, afirmou.
“Eu, como alcaldesa de Viveiro, falo hoxe en nome de todos os veciños e veciñas deste pobo para darche as grazas, porque ás veces cando as persoas cumpren os seus sonos esquecen o lugar do que proceden; non é o teu caso. Levas o nome de Viveiro por todo o mundo con orgullo e non sabes o importante que é iso para todos nós”, apuntou Loureiro.
A alcaldesa puxo en valor a importancia de que "un rapaz humilde con esforzo e traballo acadase grandes metas, levando o nome de Viveiro e de Galicia por todo o mundo; un exemplo para todos que levou ás rúas do noso concello durante uns días moita ilusión, moita expectación e moita ledicia”.
Vendo a admiración que Adrián Ben provoca entre os nenos e nenas, María Loureiro continuou a súa intervención amosando a súa satisfacción polo feito de que “persoas como Adrián Ben sirvan de referencia para as xeracións máis novas de Viveiro, que saiban que un pode alcanzar as metas que se propoña na vida se non perde nunca a humildade, se traballa duro e con respecto, se ten afán de superación”.
“Por todo isto de que estou falando a corporación local de Viveiro, nun pleno celebrado en agosto, acordou por unanimidade o nomeamento de Adrián Ben como Fillo Predilecto de Viveiro, unha distinción que se fará oficial tan pronto como sexa posible; podes crerme, Adrián, que non é sinxelo acadar esta unanimidade política e social, non é sinxelo ser profeta na túa terra”, engadiu.
“Nunha das entrevistas que che fixeron o mesmo día da final olímpica, asegurabas que eras ‘un simple chavalito al que le gusta correr’; agradezo unha vez máis a túa humildade, pero para todos os veciños e veciñas de Viveiro eres un motivo de orgullo e o mellor embaixador que este pobo pode desexar. Moitras grazas, Adrián, e moito ánimo… estou segura de que o mellor aínda está por chegar”, rematou a alcaldesa.