Eliminouse un punto de verquido de augas residuais en San Miguel de Reinante

AMariñaXa
Eliminouse un punto de vertido de augas residuais ao rego do Forcón, en San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros.
rego do frocon san miguel de reinante barreiros
7 Dec 2021

Eliminouse un punto de verquido de augas residuais ao rego do Forcón, en San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros.

O foco foi identificado polos técnicos do Plan de Control de Verquidos no transcurso dunha revisión rutineira da rede fluvial, identificando a súa orixe nun punto de verquido de augas residuais desde un pozo da rede de saneamento municipal. 

Augas de Galicia comunicoulle esta situación ao Concello de Barreiros para que procedera a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante.

Os inspectores autonómicos supervisaron as actuacións realizadas para emendar o foco, que consistiron no desatranco do colector que provocaba o verquido, tras enviar o Concello un camión motobomba á zona. 

Nunha inspección recente, os técnicos comprobaron o cese do verquido de augas residuais ao río. 

0.15689206123352