Eliminouse un punto de vertido de augas residuais cara á ría de Foz

Foz
AMariñaXa
Eliminouse un punto de vertido de augas residuais cara á ría de Foz, no núcleo urbano do concello de Foz, preto do porto.
porto de foz
23 Ago 2021

Eliminouse un punto de vertido de augas residuais cara á ría de Foz, no núcleo urbano do concello de Foz, preto do porto. O punto de vertido detectouse ao longo das campañas de inspección levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertido de Augas de Galicia, realizadas conxuntamente cos técnicos municipais, nas que se constataron episodios de vertidos de augas residuais á ría.

A orixe da contaminación viña causada polos frecuentes alivios producidos dende a rede de saneamento municipal cara á ría, a través dunha condución de augas pluviais.

Tras diversos requirimentos realizados por parte de Augas de Galicia, o Concello de Foz levou a cabo unha serie de actuacións nas redes localizadas no entorno do punto de vertido, para a eliminación de aportes de augas brancas á rede de saneamento municipal e a supresión dun ramal da citada rede que estaba conectada á condución de augas pluviais á ría.

Nunha nova inspección efectuada polo persoal dependente de Augas de Galicia corroborouse a efectividade das medidas adoptadas, constatando que a execución das actuacións permitiron o cese do foco dos aportes contaminantes á ría.

0.21233510971069