Elena Sierra lamenta “a falta de interese do Goberno ribadense por manter limpo o rural”
O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo faise eco das queixas veciñais pola proliferación de vertedoiros incontrolados nas parroquias do termo municipal ribadense.
A vicevoceira popular, Elena Sierra, lamenta “a falta de interese do goberno local por manter limpo o rural ribadense” porque, segundo asegura, “cada vez aparecen máis” puntos de acumulación de lixo no entorno rural “que ocasionan molestias aos veciños e veciñas”.
A popular nomea “o vertedoiro de Porto que xa temos denunciado fai tres meses demandando a realización das xestións pertinentes para a retirada do lixo acumulado” ou o de Vilaselán, na zona das casas de abaixo ou no barrio de
Espín onde o propio Concello, que é o que debe dar exemplo, conta cunha masa común completamente abandonada”.
Sierra sinala que “o señor Freire conta cunha dedicación exclusiva e cun vehículo pagado por todos os veciños e veciñas de Ribadeo” e, polo tanto, “pode perfectamente desprazarse e ver a lamentable imaxe que se repite nas distintas parroquias de Ribadeo”.