El Rey León, el Tributo fará as delicias dos máis pequenos da casa en Mondoñedo

Hai películas e cancións que pasaron á historia e que atraen a curiosidade do espectador en todo o mundo. Grazas ao musical madrileño, El Rey León é, sen dúbida, a referencia do momento.
Por iso, logo da experiencia en La Gran Vía en Madrid, con voces espectaculares e unha gran posta en escena, queremos levar os teus temas musicais por toda España con ... El Rey León, el Tributo (De Simba a kiara).
En dous anos xa son 250.000 as persoas que acudiron a gozar con esta familia musical, que fará as delicias dos máis pequenos da casa.
Poderase desfrutar de este espectáculo no auditorio municipal Pascual Veiga de Mondoñedo o 3 de xaneiro. Haberá dúas funcións ás 18.00 e ás 20.30 horas.
