El Musical de los 80's y 90's, chega a Burela en marzo

AMariñaXa
Tras o seu paso por lugares tan emblemáticos como o Teatre Apolo de Barcelona ou o Teatro EDP Gran Vía de Madrid e ser disfrutado por máis de 300 mil espectadores El Musical de los 80's y 90's da Compañía Onbeat será representado na casa da cultura de Burela o sábado 4 de marzo ás 20.
18 Jan 2023

Tras o seu paso por lugares tan emblemáticos como o Teatre Apolo de Barcelona ou o Teatro EDP Gran Vía de Madrid e ser disfrutado por máis de 300 mil espectadores El Musical de los 80's y 90's da Compañía Onbeat será representado na casa da cultura de Burela o sábado 4 de marzo ás 20.00 horas.

Unha comedia musical moi divertida na que o público compartirá a experiencia dos personaxes cantando, bailando e sendo cómplices de cada un deles. O mellor pop español dos 80 e 90 con temas de grupos como Mecano, Celtas Cortos, Danza Invisible ou Seguridad Social mestúrase con éxitos internacionais e coas mellores cancións do verán que marcaron a nosa xuventude.

A inauguración dun bar é a escusa perfecta para organizar o reencontro duns amigos do instituto que remataron os seus estudos hai 25 anos. Ese bar chamado A Movida do Bacallau é a sede onde se reúnen para lembrar unha época que marcou as súas vidas ao ritmo da mellor música daquela mocidade onde non existían redes sociais. Co recordo de outrora a realidade demostra que a vida deses vellos amigos cambiou moito pero eles no fondo seguen sendo os mesmos.

Entradas xa á venda no seguinte enlace.

0.17053699493408