El Combo Dominicano e Kalima 3.0 estarán nas festas de Portocelo, en Xove

AMariñaXa
O venres terán a Festa do Langostino e do Churrasco dende as 20.00 horas.
festas-de-vilalba-combo-dominicano3
1 sep 2024

Portocelo, en Xove, celebra as súas festas. A romaría na honra da Nosa Señora terá lugar os días 6, 7 e 8 de setembro e está organizada pola asociación de festexos A Medorra e conta coa colaboración do Concello. O venres terán a Festa do Langostino e do Churrasco dende as 20.00 horas.

De seguido, desfrutarán da música da man do dúo Epo-K e a orquestra Galilea. O sábado haberá bombas de palenque dende as 10.00 horas, misa e sesión vermú con Kalima 3.0. A partir das 18.00 horas, organizan o campionato de bolos. A verbena estará amenizada por Kalima 3.0, El Combo Dominicano e disco móbil Conxuro.O domingo rematarán a romaría con bombas de palenque e sesión vermú prolongada co Dúo Son de Festa.

festas portocelo
0.095380067825317