Efigenia Maseda, de VIA Alfoz, foi elixida rexedora

AMariñaXa
En Alfoz, a capitanía do consistorio tralos comicios non estaba clara, e Efigenia Maseda, de VIA Alfoz, foi a elixida para rexer o municipio.
efigenia maseda VIA alfoz 1
17 Xuño 2023

En Alfoz, a capitanía do consistorio tralos comicios do 28 de maio non estaba clara, pero despois de varias negociacións, Efigenia Maseda, de VIA Alfoz, foi a elixida para rexer o municipio.

Maseda, nada no barrio de Vilaúde, da parroquia de Mor, é Licenciada en Filoloxía Clásica pola USC, sempre afirmou que VIA non apoiará a ningunha outra forza e así fixo, e finalmente foi nomeada alcaldesa.

"A veciñanza deunos un mandato claro: falar, dialogar e antepoñer o futuro de Alfoz ao noso, porque ninguén nos obriga a estar en política, e así hai que entendelo", di Maseda.

"Afronto este reto con ilusión e con moitas ganas de que Alfoz mellore. Isto foi o que propuxemos desde o principio na nosa campaña electoral", engadiu.

Para eles era importante darlle a Alfoz un Goberno estable e por iso "non queríamos enganar aos nosos votantes, e desde o primeiro momento dixemos que, ou contábamos coa Alcaldía ou nos quedabamos na oposición". Así, tendérolle a man aos diferentes grupos políticos coas mesmas condicións, e "chegamos a esta posición. Foi o resultado dunhas negociacións en igualdade", dixo Maseda.

0.15880799293518