Educando en Familia presta axuda e asesoramento a 40 familias ribadenses
O Concello de Ribadeo asinou, un ano máis, un convenio coa asociación Educando en Familia que presta axuda e asesoramento a 40 familias ribadenses con nenos e nenas de 0 a 6 anos.
A través deste convenio, por un importe de 4.000 euros, darán axuda e asesoramento a unhas corenta familias con nenos entre 0 e 6 de anos de Ribadeo, con especial atención a aquelas familias que se atopan en risco de exclusión ou incluso con aquelas que son monoparentais.
Con este convenio promoven cun equipo educativo moi profesional, composto por docentes especializadas e con moita experiencia, poidan dar unha serie de consellos, de asesoramento ás familias de como educar aos nenos, como se lle transmiten os valores, as disciplinas, as tolerancias, as importancias dos xogos, os perigos do consumismo, etc…, e todo isto para favorecer que as familias estean tamén atentas a todas as etapas evolutivas polas que van pasando as súas crianzas, para poder así abordalas con seguridade, con normas, con límites, etc….