EDP aposta polo emprendemento local coa posta en marcha do seu programa Entama

EDP abriu unha nova fase da sexta edición de Entama, o seu programa de apoio ao emprendemento local e a dinamización de comunidades rurais, que por primeira vez desenvólvese de forma conxunta en España e Portugal. Nesta edición, Lugo adquire un papel destacado, coa inclusión dunha serie de municipios prioritarios que poderán presentar os seus proxectos para optar ás axudas que ofrece o programa.
En concreto, en Lugo, a convocatoria diríxese con especial atención aos municipios de Barreiros, Viveiro e Vilalba, aínda que tamén se aceptarán candidaturas desde outros municipios dentro da zona de distribución de EDP en Lugo, onde opera a través da súa filial Begasa.
Con esta nova fase, EDP reforza o seu compromiso co desenvolvemento de iniciativas que xeren emprego, impulsen o emprendemento local e contribúan a frear o despoboamento na contorna rural lucense.
Ademais, a convocatoria actual está aberta tamén para zonas de Burgos, Huesca Cantabria e Asturias, en España, e para a rexión do Douro, en Portugal.
Entama consolidouse como unha das principais ferramentas de EDP para fomentar a actividade económica nas zonas nas que desenvolve a súa actividade. Desde a súa posta en marcha en 2019, o programa apoiou máis de 56 proxectos en España, cun investimento acumulado de 605.000 euros. As axudas poden alcanzar ata 20.000 euros por iniciativa, e destínanse a proxectos innovadores, sostibles e con impacto positivo na súa contorna.
Como en anteriores edicións, Entama prioriza os proxectos liderados por mulleres e aqueles que fomenten a empregabilidade feminina, ademais das propostas que impulsen o aproveitamento de recursos locais e produtos artesanais, o fomento do turismo sostible, a dixitalización e a innovación en municipios en risco de despoboamento.
O prazo de presentación de candidaturas prolongarase ata o próximo 25 de novembro. O xurado, que analizará as propostas durante o mes de decembro, primará a súa viabilidade, sustentabilidade e impacto no territorio e dará a coñecer os resultados entre decembro de 2025 ou xaneiro de 2026.
As bases e condicións de participación están dispoñibles na web de Entama, onde tamén se detallan os prazos e criterios de selección. O proceso de avaliación valorará a viabilidade, sustentabilidade e capacidade de xeración de emprego de cada iniciativa.
Con esta nova fase, EDP reforza o seu compromiso coa transición enerxética xusta, o desenvolvemento das comunidades locais e a colaboración entre España e Portugal, ampliando o alcance de Entama para impulsar proxectos que contribúan a un futuro máis sostible, inclusivo e equilibrado.
En Lugo, a través da súa distribuidora Begasa, EDP xestiona 171.793 puntos de subministración, 10.339 quilómetros de liñas de distribución e transporte, 3.205 centros de transformación, 22 subestacións e 1.039 GWh de enerxía distribuída.