Edelmira Praga, mestra do IES Perdouro de Burela, premiada polo seu afán integrador

AMariñaXa
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou na entrega de premios estatais do Plan Director
entrega_premios_plan_director
7 Xuño 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou na entrega de premios estatais do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade escolar nos centros educativos e a súa contorna, concedidos polo Ministerio de Interior e que este ano se celebran no Centro Público Integrado CPI do Toural de Vilaboa, un dos colexios premiados nesta edición, xunto coa profesora Edelmira Praga, do Instituto IES Perdouro de Burela.

O representante da Xunta de Galicia aproveitou para felicitar aos dous centros galegos galardoados. Á mestra Edelmira Praga polo seu traballo a prol da convivencia nas aulas e, en especial, “a prol da integración dun colectivo moi particular, o do alumnado de Cabo Verde”, mentres que ao CPI do Toural pola “súa gran implicación na curtametraxe sobre o acoso que puidemos ver neste acto e na organización de charlas con policías nacionais e gardas civís”, facendo destes dous centros galardoados un referente da integración, da pluralidade, da universalidade e do esforzo por abrir a educación a todo o mundo.

O Plan Director é un proxecto desenvolvido en toda España que busca sensibilizar, previr e detectar as situacións de risco entre o alumnado, así como mellorar o coñecemento sobre os recursos policiais para contribuír á súa seguridade. O proxecto, que se realiza de maneira coordinada cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e coas autoridades educativas a través diversas actividades, ten como obxectivo formar ao alumando no respecto aos dereitos e liberdades, ademais de favorecer o incremento da vixilancia policial nas inmediacións dos centros.

No acto entregáronse unha trintena de premios a centros educativos e equipos docentes de toda España, así como a Gardas Civís e Policías Nacionais, servindo como “recoñecemento ao traballo feito a prol da convivencia, un deber social e colectivo de todos”, asegurou o conselleiro. “Temos un gran labor no que a educación non pode quedar ao marxe, pois a convivencia é unha das claves do éxito educativo e o que sementemos hoxe nas aulas, imos recollelo mañá na sociedade. Administracións e sociedade debemos identificar e corrixir aquelas conductas que van contra a convivencia das persoas”, salientou.

0.17979383468628