Ecos da Galerna do 61 poderá visionarse no Vicedo
O mes de xullo do ano 1961 quedou marcado a madeira e salitre na memoria colectiva dos pobos mariñeiros, non só do Cantábrico. Agora, 60 anos despois da Galerna falan os recordos das xentes do mar dos concellos de Mañón e do Vicedo que a viviron en primeira persoa.
Cándido, José e Secundario son as testemuñas de Ecos da Galerna do 61, onde Hixinio Puentes realiza os apuntamentos históricos nun audiovisual, producido por Nordés e realizado por Pinancho Audiovisuais, contando coa colaboración do Concello do Vicedo.
Este documental presentarase o sábado 10 de xullo na Casa da Cultura do Vicedo ás 19.00 horas, o domingo 11 no Centro Sociocomunitario de Mañón, O Barqueiro, ás 19:00 horas, e o sábado 17 de xullo no Centro Social de Espasante ás 19:00 horas.
O aforo estará limitado e seguirase a normativa sanitaria vixente pola covid19. Para asitir, é preciso realizar a reserva previa no 653 756 454.