Ecoloxistas en Acción leva ante a Fiscalía o uso privado do faro da illa Pancha

AMariñaXa
Ecoloxistas en Acción solicita á Fiscalía de Lugo que investigue o actual uso privado e mercantil da illa Pancha
faro illa pancha ribadeo
1 Xul 2021

A organización ecoloxista considera que non se cumpren os criterios básicos esixidos para garantir a protección do medio ambiente e que se está a incurrir nun delito ecolóxico polo que insta á fiscalía a solicitar que se impoña a correspondente sanción ao infractor e a obriga de repór o medioambiente ao seu estado orixinario.

Ecoloxistas en Acción solicita á Fiscalía de Lugo que investigue o actual uso privado e mercantil da illa Pancha por ser esta un espazo ambientalmente protexido e a actuación carecer dun estudo de impacto ambiental realizado polo órgano ambiental competente.

Ecoloxistas en Acción advirten que segundo a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres o artigo  6. 3. recolle que “Calquera plan ou proxecto que, sen ter relación directa coa xestión do lugar ou sen ser necesario para a mesma, poida afectar de forma apreciable aos citados lugares, xa sexa individualmente ou en combinación con outros plans e proxectos, someterase a unha adecuada avaliación das súas repercusións no lugar, tendo en conta os obxectivos de conservación do devandito lugar. Á vista das conclusións da avaliación das repercusións no lugar e supeditado ao disposto no apartado 4, as autoridades nacionais competentes só se declararán de acordo con devandito plan ou proxecto tras asegurarse de que non causará prexuízo á integridade do lugar en cuestión e, se procede, tras sometelo a información pública”.

O artigo 36.2 da Lei do Chan de Galicia establece respecto ao Réxime de usos que no chan rústico de especial protección será necesario obter a autorización ou informe favorable do órgano que ostente a competencia sectorial correspondente con carácter previo á obtención do título habilitante municipal ou autorización autonómica nos casos en que esta fose preceptiva segundo o disposto no número seguinte.

A organización ecoloxista asegura a obrigatoriedade da avaliación das repercusións do proxecto sobre a Rede Natura 2000 resulta obrigatoria para todos os proxectos que poidan afectar de forma apreciable ás especies ou hábitats obxecto de conservación na Rede Natura 2000 á que pertence a illa Pancha - Ría de Ribadeo.

Ecoloxistas en Acción entende que o uso hoteleiro do faro da Illa Pancha vai máis aló da rehabilitación do faro e débese avaliar a afección turística na illa Pancha, tanto as súas consecuencias para o patrimonio natural como para a biodiversidade da contorna. Consideran que as actuacións poderían estar enmarcadas dentro do Código Penal polo daño causado a un espazo natural protexido.

ILLA PANCHA.

A dous quilómetros da localidade de Ribadeo localízase a illa Pancha. Esta illa está na parte máis occidental da Ría de Ribadeo e alberga un faro construido no 1857, operativo ata 1983 e dependente da Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao. Polas súas características a Ría de Ribadeo ten recoñecidas varias figuras de protección:Zona Especial de Conservación "Río Eo", Humidal Protexido “Ría de Ribadeo”, Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Río Eo”,  Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón”, Zona Húmida de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) "Ría do Eo" e Zona de Especial Protección das Aves.

A illa alberga os dous faros de Ribadeo. O antigo foi construído no século XIX e posteriormente substituído polo actual a finais do século XX. Segundo algunhas guías turísticas, está considerado como un dos faros máis fermosos de Galicia e tamén é o primeiro deles entrando nesta comunidade desde Asturias. Forma parte do Roteiro dos Miradoiros. Ademáis a illa está a 8 quilómetros da praia das Catedrais, declarado Monumento Natural segundo a Orde do 5 de xullo de 2020 da Xunta de Galicia de xullo de 2020.

O 30 de xuño do 2015 a Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao outorga concesión de ocupación do dominio público portuario estatal a unha empresa privada. Segundo consta no título concesional a empresa promotora do proxecto ocupará “unha superficie de 500m² na illa Pancha”. Nesta superfie inclúense os seguintes elementos: antigo faro, antigo garaxe, rampa antigo garaxe, parcela contigua ao antigo garaxe, parcela de terro ao outro lado do camiño e parcela de terreo en torno a faro e garaxe.

Na primaveira do 2015, veciños e veciñas de Ribadeo preocupados polo proxecto que se ía a executar na illa Pancha constitúense como colectivo chamado “Por nuestro faro” e comezan un periplo de solicitudes administrativas e peticións de informacións, moitas delas desestimadas por silencio. Con data 1 de decembro do 2017 o concello de Ribadeo procede a conceder licenza de actividade para Apartamentos turísticos na illa Pancha quedando constancia do libre acceso público á illa. Na actualidade está non é posible acceder á illa estando as portas seladas con candado.

2015 vecinos Ribadeo preocupados illa Pancha colectivo Por nuestro faro
0.18810892105103