Ecoloxistas en Acción esixe a suspensión da concesión do Faro da Illa Pancha

AMariñaXa
Ecoloxistas en Acción e a asociación veciñal Polo noso Faro esixen a Portos do Estado e a Xunta que esixan o Estudo de Impacto Ambiental para garantir a protección da Rede Natura 2000
illa-pancha-faro-acceso
23 Jul 2025

Ecoloxistas en Acción, xunto coa asociación veciñal Polo noso Faro, alertan da decisión da Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao de prorrogar a concesión do Faro e os seus anexos na Illa Pancha de Ribadeo para o seu uso como Apartamentos Turísticos e Cafetería, sen que se realizase a correspondente avaliación de impacto ambiental. Esta medida afecta directamente a un espazo protexido pola Rede Natura 2000, o que supón unha irregularidade grave segundo a normativa vixente.

A organización ecoloxista recorda que a Oficina do Defensor do Pobo vén de emitir varios informes nos que destaca a falta dun Estudo de Impacto Ambiental para ambos proxectos, tal e como esixe a lexislación europea, estatal e autonómica. Ademais, apuntan que as autoridades responsables, Portos do Estado e a Consellería de Medio Ambiente, son as competentes para presentar recursos administrativos fronte a estas actuacións da Autoridade Portuaria local.

Por iso, Ecoloxistas en Acción solicitou formalmente a ambos organismos que recorran esta prórroga e esixan a realización do estudo ambiental para garantir a protección deste espazo natural. O portavoz da organización subliña que, segundo comunicacións recibidas do Defensor do Pobo, tanto Portos do Estado como a Xunta recoñeceron e aceptaron a necesidade de cumprir con esta obriga legal.

“Agardamos que non desatendan esta petición e actúen en defensa do medio ambiente, cumprindo coa normativa vixente para a conservación da Illa Pancha e da súa contorna”, concluíu.

illa-pancha-faro-acceso-1
⚙ Configurar cookies
0.1686098575592