Eco das Minas prepara unha a VII edición da Foliada A Pontenova

A asociación musical Eco das Minas da Pontenova prepara para o 1 de xuño a súa VII Foliada A Pontenova. Previsiblemente será na praza dos Fornos durante todo o día.
Nas edicións anteriores houbo obradoirso de aproximación aos bailes da Fonsagrada da man de Adrián Méndez, actuacións dos gaiteiros da zona, xantar, obradoiros de xogos tradicionais e billarda co equipo local Troitas Bravas, unha actuación infantil de maxia e globoflexia. Ademais, na última convocatoria tamén actuaro Chocolateira e o grupo de gaitas da Pastoriza e o grupo Tanto nos ten.