Eco das Minas da Pontenova prepara un obradoiro de Nadal

TerraChaXa | AMariñaXa
Eco das Minas da Pontenova prepara un obradoiro de Nadal. Esta actividade será de estampación textil na casa da cultura.
17 Dec 2020

A asociación Eco das Minas da Pontenova prepara un obradoiro de Nadal para o domingo 20 de decembro na casa da cultura.

Esta actividade será de estampación textil e servirá para pasar unha tarde entretida e diferente nestes tempos de confinamentos así como para facer manualidades destas datas.

O prezo da actividade é de 10 euros e todos os materiais están inclluídos. Haberá dous grupos, un de 16 a 17.30 horas e outro de 18 a 19.30 horas.

Para anotarse haberá que chamar aos teléfonos 610 947 738 e 659 354 645.

0.13622307777405