Dúas Bandeiras Negras por contaminación e mala xestión do litoral da Mariña

AMariñaXa
Ecoloxistas en Acción presentou o seu informe Bandeiras Negras 2023 que analiza a situación ambiental das costas españolas.
BANDERA NEGRA
14 Xuño 2023

Un ano máis, despois dunha nova inspección dos máis de 8.000 quilómetros das costas do Estado español, Ecoloxistas en Acción presentou o informe Bandeiras Negras 2023, que outorga un total de 48 Bandeiras Negras no estado español, 6 delas en Galicia, e 2 na provincia de Lugo.

O informe de 2023, como en anos anteriores, recolle as situacións de afección ambiental máis graves, pero non todas que, segundo a organización, poderían ser moitas máis. Aínda que cada ano obsérvanse problemáticas similares ás anteriores, un dos maiores problemas que se identifica no informe é o da turistificación e urbanización do noso litoral. Nesta ocasión aparece por primeira vez unha problemática que ata o de agora non se denunciou: a proliferación de praias caninas designadas sen unha avaliación previa de impacto ambiental.

Numerosos estudos científicos evidencian o elevado impacto que o paseo con cans causa sobre a fauna litoral, principalmente ás aves, pois é o hábitat exclusivo de alimentación, descanso e reprodución para moitas delas. Os efectos negativos desta actividade cuantifícanse moi por encima do resto de tipos de molestias analizadas.

“Cando permitimos que un can persiga ás aves, aínda que non as atrape, causamos nelas un importante estrés, impedímoslles ou dificultamos a obtención de alimento, privámolas de descanso e obrigámolas a investir un elevado gasto enerxético en ter que fuxir” resalta Ana Pascual, voceira de Ecoloxistas en Acción. Desde a organización ecoloxista queren deixar claro que non se trata de prohibir todas as praias caninas nin de demonizar a ningún animal, nin ás persoas que os acompañan, senón de entender a interacción que se produce entre eles: as aves perciben ao can como predador e este a elas como presa.

A bandeira otorgada a praia de Areoura, en Lugo, é un exemplo da falta de respecto ambiental das administracións. "Neste caso se sinal a mala gestión por todas as administracións competentes (concellos de Foz e Burela, Xunta de Galicia y Ministerio de Transportes e de Transición Ecolóxica) que causaron a degradación da contorna dun areal de indudable interés social e natural", din.

A bandeira por contaminación en Lugo recaeu na factoría de Alcoa para sinalar a desfeita ambiental, pero tamén social, que están permitiendo as administracións co peche abrupto desta fábrica de alumina e aluminio. “Desde o ecoloxismo social cremos que é necesario conciliar o mundo do traballo e a defensa dos dereitos das e dos traballadores coa defensa ao medio ambiente.  A transición ecosocial non debe deixar a ninguén atrás”, resaltan desde Ecoloxistas en Acción.

0.080060005187988