Dúas árbores de Mondoñedo optan a ser declaradas

AMariñaXa
Un dos exemplares corresponde á especie Platanus orientalis L., e o outro, á especie Buxus sempervirens L.
Platanus-orientalis-L-arbore
21 Jan 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) anunciou a apertura do proceso de información pública para avaliar a solicitude de inclusión de catro árbores no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. Dous destes exemplares están situados en Mondoñedo, mentres que os outros corresponden a formacións arbóreas localizadas noutras zonas de Galicia.

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático foi a encargada de realizar o anuncio. No caso dos exemplares de Mondoñedo, a solicitude foi presentada o 8 de novembro de 2024 por Simonetta Dondi Dall’Orologio. Un dos exemplares corresponde á especie Platanus orientalis L., e o outro, á especie Buxus sempervirens L.. Ambas peticións foron rexistradas pola mesma persoa na mesma data.

0.16785001754761